SABER D’ALDEA
VISITA UNHA FORMA DE VIDA SOSTIBLE
Realizamos visitas para coñecer o noso proxecto e a orixe dos nosos alimentos.
Comezamos percorrendo os vestixios románicos que caracterizan a nosa aldea —o cruceiro, o “peto de ánimas”, o sartego e a igrexa do século XII— para, a continuación, descubrir os catro alicerces que substentan o proxecto Arqueixal: a granxa ecolóxica con 35 vacas en liberdade, a queixería artesanal, o ecoagroturismo activo baseado en criterios ecolóxicos e de bioconstrucción, e a visita á casa da Rebordela, que simboliza a recuperación e preservación da cultura e o modo de vida tradicional do rural galego.
Remataremos cunha deliciosa degustación dos nosos alimentos!
PARA IR CON:

AMIGOS

PARELLA
NENOS
TEMÁTICA:
CULTURA
NATUREZA E PAISAXE
GASTRONOMÍA
INCLÚE
-
Visita á aldea e os seus vestixios arqueolóxicos.
-
Visita á granxa e presentación do noso proxecto ecosostible.
-
Visita á Casa da Rebordela.
- Cata-degustación de iogur e leite.
INFORMACIÓN:
Mínimo de Persoas:
Consúltanos.
Duración: 2 hora e media.
Prezo: 6 euros por persoa.
Cando se pode facer?
Cualquera día da semana segundo dispoñibilidade.
Notas importantes:
O tipo de visita pode variar segundo as necesidades do grupo.
Idiomas:
Castelán, galego.