CASA DA REBORDELA
UNHA LECCIÓN DE AUTOSUFICIENCIA
Queres vivir ao ritmo de hai cen anos, como os teus antepasados? Afastarte do mundo de hoxe, do seu ruído e da súa velocidade? Vivir na humildade dunha casa antiga, acollido pola calor dunha lareira e alimentado polos produtos da terra?
A Casa da Rebordela permitirache viaxar no tempo, a unha forma de vida tradicional no rural galego nos anos 20 do século pasado. Todo se mantivo intacto: a lareira para cociñar, a corte coa vaca, o tear antigo, a hucha para gardar o trigo. Unha oportunidade que che fará voltar á simplicidade e á convivencia coa natureza.
Contacta connosco para descubrir como vivir esta inesquecible experiencia!
PARA IR CON:
AMIGOS
PARELLA
FAMILIA E NENOS
TEMÁTICA:
CULTURA
NATUREZA E PAISAXE
GASTRONOMÍA
INCLÚE:
- Dúas noites para unha ou dúas persoas con almorzo
- Dúas ceas con produtos da casa
- Navalla artesá
- Comida con produtos locais