É TEMPO D’ALDEA
A LENDA DA CHOUSA
Con esta actividade o alumnado aprenderán a distinguir as principais especies autóctonas galegas.
Os nosos guías acompañarán aos discentes nun espléndido percorrido polos bosques que rodean a aldea, para descubrir e aprender a distinguir a rica flora de carballos, salgueiros, castiñeiros, bidos e ameneiros, os seus usos e características, así como a diversidade de fauna que os habita. O alumnado deberá ir recollendo nunha cesta as follas das árbores e das plantas explicadas. Durante o percorrido coñeceremos tamén a vida da aldea a través do que contan os seus habitantes. Ao regreso, os escolares acudirán ao Parladoiro para completar unha ficha elaborada polos nosos guías. Deberán clasificar, pegar e debuxar as veas das follas das especies que recolleron nesta actividade e tamén explicar o uso e as características dalgunhas das árbores comentadas.
É TEMPO D’ALDEA:
APTO PARA:
NENOS
Escolares de:
Primaria e secundaria
TEMÁTICA:
CULTURA
NATUREZA E PAISAXE
GASTRONOMÍA
INCLÚE:
Visita á granxa e interacción cos animais.
Taller de elaboración de queixo.
Caixa personalizada con queixo para levar.
Cata-degustación de iogur, leite e queixo.
Visita teatralizada á aldea e á Casa da Rebordela con Elvira ou Manuel.
Dous monitores de Arqueixal.
INFORMACIÓN:
Mínimo de Persoas:
15 (para grupos superiores a 40 persoas consúltanos).
Duración: 2 horas (tarde).
Prezo:
4 euros por persoa (máis o prezo de Antes, agora e despois).
Cando se pode facer?
Calquera día da semana, según dispoñibilidade, de 15:30 a 17:30h.
Notas importantes:
Esta actividade só se pode facer en combinación con Antes, agora e despois.
Dependendo do número, os escolares poderán dividirse en dos grupos.
Idiomas:
Castelán, galego