É TEMPO D’ALDEA

A LENDA DA CHOUSA

Con esta actividade o alumnado aprenderán a distinguir as principais especies autóctonas galegas.

Os nosos guías acompañarán aos discentes nun espléndido percorrido polos bosques que rodean a aldea, para descubrir e aprender a distinguir a rica flora de carballos, salgueiros, castiñeiros, bidos e ameneiros, os seus usos e características, así como a diversidade de fauna que os habita. O alumnado deberá ir recollendo nunha cesta as follas das árbores e das plantas explicadas. Durante o percorrido coñeceremos tamén a vida da aldea a través do que contan os seus habitantes. Ao regreso, os escolares acudirán ao Parladoiro para completar unha ficha elaborada polos nosos guías. Deberán clasificar, pegar e debuxar as veas das follas das especies que recolleron nesta actividade e tamén explicar o uso e as características dalgunhas das árbores comentadas.

É TEMPO D’ALDEA:

APTO PARA:

NENOS

NENOS

Escolares de:
Primaria e secundaria

TEMÁTICA:

CULTURA

CULTURA

NATUREZA E PAISAXE

NATUREZA E PAISAXE

GASTRONOMÍA

GASTRONOMÍA

INCLÚE:

  • Visita á granxa e interacción cos animais.

  • Taller de elaboración de queixo.

  • Caixa personalizada con queixo para levar.

  • Cata-degustación de iogur, leite e queixo.

  • Visita teatralizada á aldea e á Casa da Rebordela con Elvira ou Manuel.

  • Dous monitores de Arqueixal.

INFORMACIÓN:

Mínimo de Persoas: 
15 (para grupos superiores a 40 persoas consúltanos).

Duración: 2 horas (tarde).

Prezo:
4 euros por persoa (máis o prezo de Antes, agora e despois).

Cando se pode facer?
Calquera día da semana, según dispoñibilidade, de 15:30 a 17:30h.

Notas importantes:
Esta actividade só se pode facer en combinación con Antes, agora e despois.
Dependendo do número, os escolares poderán dividirse en dos grupos.

Idiomas:
Castelán, galego