É TEMPO D’ALDEA
ANTES, AGORA E DESPOIS
Antes, agora e despois é unha actividade adaptada para alumnado de infantil, primaria e secundaria. Os escolares poderán visitar a nosa granxa e aprender sobre os nosos animais, interactuar con eles e ata darlles para comer, tutelados polo noso granxeiro.
Aprenderán a facer o seu propio queixo ecolóxico seguindo o proceso artesanal!
Tamén poderán degustar algúns dos nosos produtos gastronómicos. Coñecerán o modo de vida do mundo rural galego a través dun personaxe dos anos 20 do século pasado que vive na Casa da Rebordela. Elvira ou Manuel implicarán aos nenos na súa vida diaria, de forma que poidan experimentar, tocar e divertirse aprendendo.
É TEMPO D’ALDEA:
APTAS PARA:
NENOS
Escolares de:
Infantil, primaria e secundaria
TEMÁTICA:
CULTURA
NATUREZA E PAISAXE
GASTRONOMÍA
INCLÚE:
- Visita á granxa e interacción cos animais.
- Taller de elaboración de queixo.
- Caixa personalizada con queixo para levar.
- Cata-degustación de iogur, leite e queixo.
- Visita teatralizada á aldea e á Casa da Rebordela con Elvira ou Manuel.
- Dous monitores de Arqueixal.
INFORMACIÓN:
Mínimo de Persoas:
15 (para grupos superiores a 40 persoas consúltanos).
Duración: 3 horas e media.
Prezo:
12 euros por persoa (sen comida).
16 euros por persoa (con comida).
Cando se pode facer?
Calquera día da semana, segundo dispoñibilidade, de 10:30 a 14:00h.
Notas importantes:
Podemos ofrecer un menú ecolóxico, ou ben os alumnos poden traer su propia comida (consúltanos o precio).
Durante a comida os acompañantes deben facerse cargo dos escolares.
Dependendo do número, os escolares poderán dividirse en dous grupos.
Idiomas:
Castelán, galego
Pola tarde, os centros educativos poderán escoller entre as dúas actividades (Xente d’aldea ou A Lenda da Chousa) segundo as súas preferencias.