A ARTE DE FACER UN QUEIXO
OBRADOIRO DE ELABORACIÓN ARTESANAL
Que mellor xeito de aprender a elaborar o queixo que facelo coas túas propias mans?
Con este divertido taller podes aprender a facer queixo de vaca de forma tradicional, seguindo técnicas transmitidas de xeración en xeración. É unha actividade moi atractiva tanto para adultos como para nenos.
Comezaremos o taller coa preparación do leite, controlaremos a temperatura e engadiremos o callo para que o leite aprese. Deixaremos o leite repousar e adicarémonos a gozar do percorrido pola granxa, a presentación do noso proxecto ecosostible e a visita á Casa de a Rebordela para experimentar o que era vivir na Galicia rural dos anos 1920-30. Pero non nos esqueceremos do noso queixo! Unha vez cortado, desorámolo e xa podemos comezar a elaboralo. Quedarás sorprendido ao verte transformado nun verdadeiro queixeiro. E que mellor maneira de finalizar esta xornada que cunha degustación de queixo feito por ti?
PARA IR CON:
AMIGOS
PARELLA
NENOS
TEMÁTICA:
CULTURA
NATUREZA E PAISAXE
GASTRONOMÍA
INCLÚE:
- Visita á aldea e os seus vestixios arqueolóxicos.
- Obradoiro de elaboración artesanal de queixo.
- Visita á granxa e presentación do noso proxecto ecosostible.
- Visita á Casa da Rebordela.
- Cata-degustación de iogur e leite.
- Caixa personalizada con queixo para levar.
INFORMACIÓN:
Mínimo de Persoas: 10
Duración: 2 horas.
Prezo: 15 euros por persoa.
Cando se pode hacer?
Calquera día da semana segundo dispoñibilidade.
Notas importantes:
Para menos de 10 persoas consúltanos.
Idiomas:
Castelán, galego.