É TEMPO D’ALDEA

XENTE D’ALDEA

Un estupendo xogo para descubrir como se vivía na aldea!

 O alumnado converteranse en Isaura e Evanxelina, dúas mulleres do mundo rural galego. Cada discente levará un cartón identificativo no que figurarán os datos biográficos de cada personaxe que representan. Ao longo do percorrido irán descubrindo, a través das diferentes pistas, cal é o proceso para traballar o liño, para tecer, ou para elaborar pan e queixo. Para conseguir ditas pistas e poder acabar o xogo, os nenos deberán superar algunhas das probas propostas polos guías. Ao final, acudirán ao Parladoiro para respostar a un cuestionario.

Gañará quen máis preguntas acerte. Ambos grupos desenvolverán diferentes capacidades físicas e psicomotrices mentres aprenden a importancia de traballar en equipo.

É TEMPO D’ALDEA:

APTAS PARA:

NENOS

NENOS

Escolares de:
Primaria e secundaria

TEMÁTICA:

CULTURA

CULTURA

NATUREZA E PAISAXE

NATUREZA E PAISAXE

GASTRONOMÍA

GASTRONOMÍA

INCLÚE:

  • Percorrido pola aldea
  • Xogo de búsqueda do tesouro
  • Materiais para os xogos
  • Dous monitores de Arqueixal

INFORMACIÓN:

Mínimo de Persoas: 
15 (para grupos superiores a 40 persoas consúltanos).

Duración: 2 horas (tarde).

Prezo:
4 euros por persoa (máis o prezo de Antes, agora e despois).

Cando se pode facer?
Cualquera día da semana segundo dispoñibilidade, de 15:30 a a 17:30h.

Notas importantes:
Esta actividade só se pode facer en combinación con Antes, agora e despois.
Dependendo do número, os escolares poderán dividirse en dous grupos.

Idiomas:
Castellano, galego.