PARLADOIRO

UN LUGAR PARA COMPARTIR

  • experiencia_parladoiro_03

O Parladorio é un espazo multiusos para seminarios, obradoiros, cursos e actividades para pequenos grupos. Un lugar amplo e tranquilo que nos permite unha simbiose coa contorna natural, potencia o equilibrio entre corpo e mente, entre emoción e razón, e invita ao desenvolvemento persoal. Construído con criterios bio, este espazo respira como un ser vivo grazas ao uso de materiais naturais como pedra, madeira, cal e arxila. A calefacción proporciónaa unha estufa de pellets, os bordos redondeados seguen a tendencia sinuosa e a luz natural entra grazas ás fiestras que se abren aos campos da Ulloa.

Un espazo de 55 m2 equipado coa tecnoloxía necesaria, e que pon á túa disposición un televisor e un punto de conexión á rede por cable; pero igualmente coidado, desde a raíz ecolóxica que guía todo o noso proxecto, para practicar actividades holísticas (ioga, masaxes, meditación, pilates etc.) Así mesmo, dispón dunha pequena biblioteca adicada ao mundo rural, aos principios ecolóxicos e á vida saudable.

PARA IR CON:

amigos

AMIGOS

PARELLA

PARELLA

NENOS

NENOS

TEMÁTICA:

CULTURA

CULTURA

NATUREZA E PAISAXE

NATUREZA E PAISAXE

GASTRONOMÍA

GASTRONOMÍA

DISPOÑIBLE PARA ORGANIZAR:

  • Encontros temáticos e científicos.
  • Conferencias.
  • Cursos.
  • Obradoiros.
  • Pequenos concertos.
  • Ceas e eventos.
  • Espectáculos teatrais.

INFORMACIÓN:

Instalacións e equipamento:

  • Equipo de son.
  • Televisión.
  • Monitor.
  • Punto de conexión a Internet.
  • Computador.
  • Pequena cociña.
  • Aseo.
  • Materiais (esteiras, cadeiras etc.).

Capacidade:
60 persoas (para conferencias).
25 persoas (para cursos, obradoiros).

Prezo:
Consúltanos.