A ARTE DE FACER UN QUEIXO

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN ARTESANAL

Que mellor xeito de aprender a elaborar o queixo que facelo coas túas propias mans?

Con este divertido taller podes aprender a facer queixo de vaca de forma tradicional, seguindo técnicas transmitidas de xeración en xeración. É unha actividade moi atractiva tanto para adultos como para nenos.

Comezaremos o taller coa preparación do leite, controlaremos a temperatura e engadiremos o callo para que o leite aprese. Deixaremos o leite repousar e adicarémonos a gozar do percorrido pola granxa, a presentación do noso proxecto ecosostible e a visita á Casa de a  Rebordela para experimentar o que era vivir na Galicia rural dos anos 1920-30. Pero non nos esqueceremos do noso queixo! Unha vez cortado, desorámolo e xa podemos comezar a elaboralo. Quedarás sorprendido ao verte transformado nun verdadeiro queixeiro. E que mellor maneira de finalizar esta xornada que cunha degustación de queixo feito por ti?

PARA IR CON:

amigos

AMIGOS

PARELLA

PARELLA

NENOS

NENOS

TEMÁTICA:

CULTURA

CULTURA

NATUREZA E PAISAXE

NATUREZA E PAISAXE

GASTRONOMÍA

GASTRONOMÍA

INCLÚE:

  • Visita á aldea e os seus vestixios arqueolóxicos.
  • Obradoiro de elaboración artesanal de queixo.
  • Visita á granxa e presentación do noso proxecto ecosostible.
  • Visita á Casa da Rebordela.
  • Cata-degustación de iogur e leite.
  • Caixa personalizada con queixo para levar.

INFORMACIÓN:

Mínimo de Persoas: 10

Duración: 2 horas.

Prezo: 15 euros por persoa.

Cando se pode hacer?
Calquera día da semana segundo dispoñibilidade.

Notas importantes:
Para menos de 10 persoas consúltanos.

Idiomas:
Castelán, galego.